A ÁREA RECREATIVA DA BOLA CONTARÁ CUNHA PISTA MULTIDEPORTE

Oct 21, 2020Actualidade

Con previsión de estar lista para o verán de 2021, a área recreativa Ponte Barbón da Bola contará cunha pista multideporte, respondendo ás peticións que a alcaldesa recibiu durante diversas reunións e encontros con veciñanza nos últimos tempos, principalmente por parte da xuventude residente no concello, e tamén seguindo cunha política de promoción e fomento da saúde a través da práctica do deporte.

Mediante unha reunión co delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, a alcaldesa aproveitou para tratar outros temas de importancia para o municipio coma o proxecto de mellora da rede de colectores en diversos núcleos ubicados en tres parroquias, incluíndo a construcción dunha depuradora xunto ao río Ourille.

Acceso á noticia no diario dixital de «La Región» pinchando AQUÍ

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, na súa reunión coa nosa alcaldesa, María Teresa Barge Bello, no día de onte.