Programa de Garantía Xuvenil 2025

Nov 24, 2025Uncategorized

A través do programa de Garantía Xuvenil 2025, o Concello da Bola recibe unha subvención da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea, destinada á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Neste marco, formalizouse a incorporación dunha técnica de medioambiente, unha figura clave para promover a sustentabilidade local, fomentar a educación ambiental e apoiar proxectos que melloren a relación entre a comunidade e o seu entorno natural. Esta iniciativa contribúe á inserción laboral da mocidade e ao fortalecemento das políticas ambientais no ámbito municipal.