Dª MARÍA TERESA BARGE BELLO, en calidade de Alcaldesa-Presidenta do Concello de A Bola fai saber que:
Segundo a información remitida pola Xerencia do Sergas de Ourense se inicia a partir de hoxe día 22 de febreiro a vacinación aos nosos maiores do seguinte xeito:
– A vacinación terá lugar no Centro de Saúde de Celanova.
– O primeiro contacto será realizado polos profesionais do equipo de citación, comenzando por aqueles apelidos que comencen pola letra H.
– As listaxes das persoas citadas estarán a disposición do Centro de Saúde, que realizará unha segunda chamada telefónica para confirmar o día e hora de vacinación.
– Esta campaña será realizada polos equipos especiais de vacinación que xa fixeron fronte a vacinación nas residencias sociosanitarias e do persoal dos centros sanitarios de atención primaria e dos hospitais.
Dada a limitación actual do número de vacinas, é preciso organizar este operativo tendo en conta a dispoñibilidade de doses para cada semana.