A Bola volve ser protagonista no ciclismo internacional!
Este venres 17 de abril de 2026, o noso concello acollerá o paso da 4ª etapa de O Gran Camiño, a etapa raíña desta edición, que unirá Xinzo de Limia co alto de Cabeza de Meda.
A carreira percorrerá a estrada OU‑300 ao seu paso por A Bola, polo que haberá restricións de tráfico e estacionamento, así como recomendacións de seguridade para garantir o bo desenvolvemento da proba.
