O novo programa TERnadal está subvencionado pola Deputación de Ourense. Inclúe estancias balnearias durante o mes de decembro de 2025 e xaneiro de 2026 con quendas especiais de nadal, fin de ano e reis. O Programa está especialmente pensado para aquelas persoas que desexen pasar algúns días do mes de decembro e das datas do Nadal acompañados nun balneario.
O Programa TERnadal inclúe aloxamento, pensión completa, dúas técnicas termais diarias, acceso ás piscinas de auga mineromedicinal termal, asesoramento médico e actividades. O Programa ofrece diferentes quendas de 6 días (5 noites ) e unha quenda especial de 15 días, desde o 23 de decembro ata o 7 de xaneiro.
Solicita información e inscríbete nos Servizos Sociais do Concello de A Bola.
