SUBVENCIÓNS PARA ELECTRODOMÉSTICOS E DOMÓTICA ENERXÉTICA NO FOGAR

May 26, 2020Bando

A Xunta de Galicia ven de convocar subvencións destinadas á renovación de electrodomésticos e á instalación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia. Os electrodomésticos subvencionables serán: frigorífico,frigorífico-conxelador, conxelador, lavalouza, placa de indución. As instalacións domóticas subvencionables serán: monitorización térmica (sensores de humidade, temperatura…) e monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia…).

As cantidades subvencionables dependerán da situación de vulnerabilidade da persoa solicitante, polo que variarán entre o 25% e o 75%  do importe total no caso de electrodomésticos e entre o 50% e o 80% nas instalacións domóticas.

Poderán presentarse solicitudes a través das entidades colaboradoras adheridas (puntos de venta) dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2020 ou ata agotar os fondos destinados a tal fin.

Para ter máis información adicional ou obter documentación normalizada para os trámites, poderase consultar a páxina web do Inega (www.inega.gal), enviar un correo electrónico á dirección inega.info@xunta.gal ou chamar ao teléfono 981541500.