ENTENDENDO MELLOR A FACTURA DA LUZ

ENTENDENDO MELLOR A FACTURA DA LUZ

Sendo conscientes do incremento deste gasto dentro dos nosos fogares e da incertidume e descoñecemento que moita xente ten de parte dos conceptos que veñen reflectidos na actual factura da luz, esta sesión formativa e informativa levada a cabo por un profesional experto no sector trataremos de axudar a aquelas persoas que participen dela que poidan comprender con maior claridade a súa factura da luz, ademáis de poder esclarecer todas as dúbidas que ao respecto poida presentar.
Ademáis, tamén se expoñerá o estado actual e previsto do mercado da electricidade (tarifas, taxas, modalidades…) e facilitará a quen asista para que poida axustar os servizos que ten contratados para os que realmente precisa e para o tipo de consumo que realiza.
Haberá tamén un apartado específico para falar do Bono Social Eléctrico (en qué consiste, condicións para ser beneficiario/a e como solicitalo).

Levarase a cabo o martes día 26 de abril ás 10:30h. A sesión terá unha hora e media de duración, e as prazas son limitadas, sendo preciso realizar inscrición previa para poder participar (por teléfono chamando ao 988451293 ou 604037952, ou ben por correo electrónico: educacionfamiliar@concelloabola.gal)

Esperámoste!