Oferta de estadías na residencia de tempo libre de Carballiño para persoas maiores

Co fin de asegurar o disfrute das persoas maiores do seu tempo de ocio nunha contorna natural e saudable, a Consellería de Política Social oferta estadias de 5 días en réxime de aloxamento e pensión completa na residencia de tempo libre de Carballiño nas seguintes datas:

  • Primeira quenda: Do 2 ao 6 de maio (con entrada o día 2 para xantar e saída o día 6 despois de almorzar)
  • Segunda quenda: Do 9 ao 13 de maio (con entrada o día 9 para xantar e saída o día 13 despois de almorzar)
  • Terceira quenda: Do 16 ao 20 de maio (con entrada o día 16 para xantar e saída o día 20 despois de almorzar)

Os prezos establecidos por normativa son de 119,05 € por quenda e habitación dobre, e de 139,75 € por quenda e habitación individual.

As solicitudes deben dirixirse dende o centro sociocomunitario á Residencia de Tempo Libre do Carballiño ao seguinte enderezo de correo electrónico: rtlcarballino@xunta.gal .

As prazas cubriranse por riguroso orde de entrada de solicitudes na residencia de tempo libre. Una vez seleccionadas as persoas usuarias das estadías, o abonamento das estadías levarase a cabo previa liquidación do importe pola residencia.

«COIDADOS PORTA A PORTA» no concello de A Bola

«COIDADOS PORTA A PORTA» no concello de A Bola

A iniciativa da Xunta de Galicia «Coidados porta a porta» chegará ao concello de A Bola os días 13, 16, 18 e 19 de maio para ofrecer consultas de audioloxía, podolosía e estimulación da memoria. Un autobús estará ubicado no aparcamento da casa do concello para atender a aquelas persoas maiores de 55 anos que así o soliciten estes servizos consistentes en:

  • Servizo de podoloxía: Consultas básicas, valoración do estado xeral do pé, corte e limpeza de unllas, eliminación de durezas, callos e helomas.
  • Servizo de audioloxía: valoración e exploración da audición e prevención da pérdida auditiva.
  • Servizo de estimulación da memoria: Un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de cómo previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

HORARIOS DOS SERVIZOS OFRECIDOS:

  • Servizo de podoloxía e audioloxía: de 9h. a 20h.
  • Servizo de estimulación da memoria: de 10h. a 18h.

Para poder ser atendido/a, DÉBESE PEDIR CITA PREVIA chamando ao teléfono 622 748 283 ou por correo electrónico: coidadosportaaporta@silman.es.