AVISO SOBRE A RECOLLIDA DE AXUDA PARA UCRANIA

Debido á cantidade de obxectos recibidos, deixarase de recoller mañá toda axuda humanitaria para Ucrania ata novo aviso. Procederase a aportar todo o recopilado á Deputación de Ourense, coa que se realiza esta iniciativa solidaria.

Moitas grazas a todos os veciños e veciñas pola súa solidariedade!

RECOLLIDA DE FIRMAS

Comunicamos á veciñanza que está a disposición na oficina de Rexistro do concello de A Bola unhas follas de recollida de firmas co obxectivo de manifestar unha protesta en desacordo coa implantación masiva e sen control da modalidade de pesca sen morte e vedados permanentes, nos tramos e cauces dos ríos ourensáns, como único modo da práctica da pesca, en detrimento da pesca tradicional e da liberdade individual.

Os/as pescadore/as e veciños/as ribeireños/as dos ríos ourensáns que están a promover esta iniciativa esixen así que se lles devolvan ao seu estado anterior a totalidade dos ríos que tiveron sempre un carácter libre de uso na práctica da pesca fluvial e que non se modifique o seu estado libre sen estudos previos cuxo resultado puidera recomendar mudar a súa modalidade de aproveitamento.

RECOLLIDA DE MATERIAL DE AXUDA PARA UCRAÍNA

ATENCIÓN Á VECIÑANZA: O concello de A Bola acaba de poñer en marcha un dispositivo de axuda para enviar material de primeira necesidade para Ucraína en colaboración coa Deputación de Ourense. O material a recoller será:

– Enseres de abrigo: mantas, sábanas, colchas…

– Roupa de abrigo, tanto de bebé e neno/a como de adultos (importante chaquetas e abrigos)

– Obxectos de hixiene persoal: cepillos e pasta de dentes, xabóns, toalliñas de bebé…

– Pañais tanto de bebé como de adulto.

– Productos de hixiene femenina: compresas, tampóns, toalliñas hixiénicas…

– Comida en lata ou precociñada industrialmente (preferible non traer arroz ou pasta en crú).

– Leite en pó e potitos para bebés.

– Guantes de látex- Material escolar (libretas, lápis, gomas, pinturas, estoxos…) e libros de lectura infantís.

– Xoguetes de pequeno tamaño e fácil transporte.

IMPORTANTE! Todo o que se traia debe vir en caixas ou bolsas clasificado segundo o tipo de material que sexa segundo o anteriormente sinalado para facilitar a súa posterior xestión.O lugar de recollida será o edificio do concello en horario de luns a venres de 9:30h. a 14:30h.Para máis información, podedes chamar ao concello (988451293) e contactar cos servizos sociais municipais

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller, e como cada ano con motivo desta data no concello de A Bola poñemos en marcha actividades dirixidas a todos os grupos poboacionais cuxo aspecto común é a sensibilización e promoción da iguldade real entre homes e mulleres dende diversos ámbitos: actividade física e deportiva, educativa, social e formativa.

Estas actividades abarcarán todos os martes do mes, tendo así durante todo marzo unha iniciativa á semana para poder participar desta data tan sinalada e que nos lembra que non só neste mes, senon todo o ano, debemos traballar para acadar esa igualdade real na nosa sociedade.